domingo, 24 de febrero de 2008

A palabra

Os galegos tivemos, ata fai só uns anos, uns valores moi fortes, (que se van diluíndo nesta aldea global e non están sendo sustituídos por outros mellores) entre os que a honra como persoa era quizás o máis importante.
Os novos tempos están a piques de cambiar estes principios por nada, ou o que é peor : por "todo vale mentras me favoreza a min"
Un home, que se prezara de tal, tiña ata agora unha "palabra" que por nada do mundo deixaría lixar, unha palabra que non necesitaba de firmas nin papeis para selar compromisos e contratos.
Cando un home daba "a súa palabra" non habería cousa que lle fixera faltar a ela ou botar atrás e ata, despois de morto, os herdeiros pagarían as débedas da súa "palabra" e satisfarían todos aqueles compromisos que el tivera contraído deste xeito.
Non había sinatura máis firme, nin papel máis sólido...
Ningunha vergoña era comparable a ser "un home sen palabra ", un home sen honra.
E digo sempre home porque eran tempos en que as mulleres socialmente tiñan moi escaso poder de decisión, polo menos no mundo rural e de porta para fóra, anque logo a familia xirase en torno ás nais.
Aínda hai xente de palabra en Galicia, pero cada vez menos. A cultura do tanto tes, tanto vales, arruinou o tecido moral de que dispuñamos e agora xa sempre hai que ter unha sinatura para calquera cousa porque non sabe un con quén gasta a confianza.
Non poucas veces estes homes de palabra pecaron de incautos pensando que todos eran coma eles.
Pero hoxe estes homes son unha especie, se non desparecida, en extremo perigo de extinción. Deberían ser especie protexida, pero creo que non existe es categoría para os seres humanos...

2 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

O de firmar cun apretón de mans, ou que "o trato de palabra" valese tanto coma un papel firmado ante notario, non era só en Galicia, a xente coñecíase e tiña unha reputación, unha "honra". A mín venme ben que haxa que firmar todo, porque teño tan pouco ollo que non sabería distinguir quén e quén e tomarianme o pelo mais do que xa o fixeron.
A outra cara de eso da honra,é que alguns homes, por mantela, eran capaces das mais grandes inxustizas. Sin chegar a extremos, pero tés noutras culturas exemplos do que digo... xa sabes a que me refiro (que a tua filla sexa "deshonrada" é unha deshonra para tí -pensamento extendido no mundo masculino non hai tanto)
Supoño que todo ten unha parte positiva e unha negativa.

A negativa é que poucas persoas se esforzan por medrar dentro de sí a parte honrada "cando non o ve ninguén"

Ou pode que engane. Quén sabe qué de qué. :)

quenindiola dijo...

Xa... pero eu non estou tan seguro de que antes a palabra dun home fose máis verdadeira que agora...

Penso que teño unha teoría sobre iso... vou ver se a escribo.